viernes, 9 de enero de 2015

COMEZAMOS O ANO NOVO CON MOITAS DÚBIDAS!!!

Ola familias!!!
Na asamblea de hoxe xurdíronnos moitas dúbidas sobre o INVERNO, por esi queremos que nos axudedes a buscar información sobre esta nova estación.
Queremos saber:
    - que tempo fai no inverno.
    - as froitas propias do inverno
    - que fan os animais nesta estación
    - que roupa usamos
    - e que é a NEVE.
    Neste punto xurdiron un mar de preguntas:
    Eu preguntei que é a neve e AINARA dixo que é branca pero como vai moito frío temos que levar bufanda, gorro e lubas para poder tocala
    DANIEL dixo que el vai ir a neve sen lubas... porque vai moito frío, dixo VERA, e JULIETA, porque está xeada.
   Pregunteilles de que forma é a neve, e LEO, MATEO E AROA MACEIRAS dín que é redonda pero a AINARA di que está así plana.
   A seguinte pregunta é de onde sae a neve, e aqui AINARA e VERA non se puxeron nada de acordo!!!! VERA di que a neve sae do ceo pero AINARA di que do ceo non, porque ven cando a a manda Xesús.
- É que cae do ceo (VERA)
- Non, a manda Xesús, que lle dí ao ceo que neve (AINARA)
- Pero si Xesús non ten mans..... (di VERA)
- O meu si, dixeron AINARA E GABRIEL.
- Pois o  meu non (VERA), neva porque vai moito frío.
Así quedamos..., na espera de buscar a información necesaria para saber si é Xesús o que fai que neve ou se é o ceo cando fai frío...
    Esperamos a vosa axuda!!!!!
 
   Déixovos a canción do INVERNO que estamos a cantar na aula: